Rui Cerqueira gaña o Nortear, un premio dirixido aos novos valores literarios de Galicia e Portugal

 

Na primeira edición do premio a gañadora fora Lara Dopazo
Na primeira edición do premio a gañadora fora Lara Dopazo

“Nós, arquipélago”, de Rui Cerqueira Coelho, é a obra gañadora do II Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal. O xurado escolleu  por unanimidade este traballo entre as trinta obras presentadas. Segundo destaca o fallo, dentro da historia entran factores como “o pasado e a prospección do futuro como baleiro e como misterio difícil de asumir se unen para definir interiormente un ser que toma consciencia da súa existencia e da súa limitación como pulso vital”.

O premio, organizado pola Xunta de Galicia e pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, está aberto a traballos de narrativa en lingua galega ou portuguesa. Os autores teñen que ter idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. Nesta ocasión o xurado estivo composto por: Xosé María Lago, Carlos Arias, Antón Riveiro Coello, Olinda Beja, Carlos Lopes e por André Rodrigues.

O autor galardoado, Rui Cerqueira, recibirá 2000 euros en metálico e verá publicado o seu traballo. Na primeira edición a gañadora fora a galega Lara Dopazo Ruibal.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*