Bob Dylan: acordes na Academia Sueca

B. Dylan
B. Dylan

Este xoves a Academia Sueca acaba de romper máis dun tabú. A mellor literatura, ademais de no papel, tamén pode estar no aire ou comprimida nun disco. Aos seus 75 anos, Bob Dylan é posiblemente a principal figura da música norteamericana do último medio século. Para el é o  Premio Nobel de Literatura deste 2016. O xurado galardoa que teña creado “unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción”. As quinielas deste ano sinalaban tres favoritos que finalmente seguirán un ano máis na lista de candidatos: o xaponés Haruki Murakami,  o estadounidense Philip Roth e o exipcio Ali Ahmad Said Esber.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*