Premio Galicia de Fotografía para o proxecto de Jon Gorospe a partir dunha reflexión de Žižek

Environments’ gaña a cuarta edición do certame promovido polo Outono Fotográfico.

environments-jon-gorospe“Canto máis avanzada é unha sociedade, máis sofisticadas son as súas técnicas de ocultamento”, reflexiona o fotógrafo Jon Gorospe. O fío argumental sae dunha provocadora vídeo reflexión do filósofo esloveno Slavoj Žižek sobre o desexo do ser humano dun mundo limpo e perfecto onde o caos e o lixo se tratan de agochar.

A partir de aí, o fotógrafo vasco elaborou un proxecto que inclúe a fotografía e o vídeo para reflexionar sobre a cuestión. “Achegarse ás plantas de vertido e ás basureiras é achegarse ao gran museo da negación, ao repertorio máis completo do ocultamento (…) unha pregunta que é un desafío, como volver sobre eses espazos marcados polo tabú e miralos non só con fascinación senón tamén coa máis inxenua perplexidade?”, escribiu Rubén A.Arias ao respecto do proxecto de Gorospe.

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, que chega con esta á cuarta edición, está promovido pola Asociación Proxecto Benito Losada ao abeiro do Festival Outono Fotográfico, e dotado con 10 mil euros. A exposición iniciará en Lugo o seu percorrido por diferentes sedes do Outono Fotográfico. A revista Yorokobu adicoulle o pasado mes de maio unha reportaxe ao proxecto Environments.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*