Guitiriz convoca a segunda edición do Díaz Castro de Poesía

díaz castroO Concello de Guitiriz anunciou a apertura ata o 31 de decembro do prazo de recepción de traballos que queiran concursar no II Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía. Ao mesmo poderán concorrer orixinais cun mínimo de 500 versos. Os aspirantes deberán enviar, baixo plica, catro exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ao seguinte enderezo: Concello de Guitiriz (rúa do Concello, 4. CP 27300 Guitiriz). O autor ou autora premiado recibirá 2000 euros en metálico e verá publicado o libro ao longo do ano 2017. O veredicto do xurado farase público na segunda quincena do mes de febreiro.

Na primeira edición, na que se presentaron sesenta orixinais, o gañador foi Raúl Gómez Pato pola obra Máscaras de espellos.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*