Falece Fran Cortegoso, destacado expoñente das últimas xeracións poéticas

O último libro de Cortegoso chegaba hoxe mesmo ás librarías
O último libro de Cortegoso chegaba hoxe mesmo ás librarías

As letras galegas están de loito pola morte dun poeta que comezaba a despuntar no noso panorama literario. Segundo informou nas redes sociais a editorial Chan da Pólvora, Fran Cortegoso, de tan só 31 anos de idade, finou este mércores na súa casa da parroquia pontevedresa de Bora despois de meses de doenza.

Licenciado en Filoloxía Galega, deuse a coñecer en 2013 ao gañar o prestixioso Premio de Poesía Pérez Parallé co poemario Memorial e danza (Espiral Maior, 2014). A nova daquel galardón, como informamos no seu momento en Letra en Obras, sorprendérao mentres estaba nunha viaxe coa fin de dar a volta ao mundo.

A morte coincide coa chegada hoxe mesmo da súa última obra ás librarías: Sucidas. Segundo explican dende a editora Chan da Pólvora: “ Nasíltimas semanas aínda gardou ánimos para lle poñer o ramo ao libro ‘Suicidas’, que finalmente chegou hoxe ás librarías. Antón Lopo, Manolo Martínez e Gonzalo Hermo traballaron arreo para que Fran o puidese ver publicado”

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*