Ergueitos defende o papel de Espiral Maior no Fiz Vergara

imagesTen sentido que o Concello de Sarria rescinda unha colaboración coa editorial Espiral Maior por un chío en twitter do deputado Miguelanxo Fernán Vello? A polémica está servida. O pleno municipal reprobou a semana pasada as palabras de Fernán Vello e á mesma vez pediu que se rescindira un convenio con Espiral Maior, que edita o prestixioso premio de poesía Fiz Vergara Vilariño. A moción, presentada polo PP, contou co apoio dun concelleiro de Independentes por Galicia e a abstención dos dous representantes de Compromiso por Galicia. PSdeG e BNG, que cualificaron de desafortunadas as palabras de Fernán Vello, votaron en contra da iniciativa do PP, que aínda así prosperou ao contar con máis votos.

Ante a posibilidade de que en vindeiras edicións Espiral Maior deixe de ser a editora do premio, a agrupación cultural Ergueitos, promotora do galardón, fixo público un comunicado esta fin de semana no que cualifica de despropósito a moción reprobatoria e pide que non se cuestione un premio que leva anos sendo un referente para a poesía en lingua galega.

Podes ver aquí o comunicado íntegro.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*