Poemagosto de Allariz: a poesía tamén alimenta no outono

poemagostoEste sábado a capital da poesía está no sureste do país, concretamente en Allariz. Nesta vila celébrase a terceira edición do Poemagosto, unha iniciativa da Fundación Vicente Risco na que os versos toman as rúas. Copiamos a programación para que non perdades detalle se te queres achegar ata terras alaricanas mañá sábado:

III edición do Poemagosto.

Durante toda a xornada haberá postos de arte, artesanía, produtos locais, libros… Todas as actividades se realizan no patio cuberto do Museo do Coiro, agás nas que se especifica outra cousa.

11:00 Cé Orquestra Pantasma. Animación para nen@s e adult@s polas rúas da vila ata o patio do Museo do Coiro

12:15 Contada infantil “Marta e a Píntega” coa autora, Eli Ríos.

13:00 Anxo Angueira recita a Rosalía de Castro (a partir da súa recente edición comentada de “Follas Novas” (Ed. Xerais)

13:30 Mostra de Cantos ao Desafío con cantadores de Montealegre (Portugal) + Concurso de Regueifeir@s afeccionad@s
14:30 Xantar do Poemagosto na Fundación Vicente Risco.

17:30 Recital de Poesía. Poetas convidad@s:
Gonzalo Hermo, Ismael Ramos, Rosalía Fernández Rial, Iolanda Zúñiga, Carlos Rafael, Celia Parra Díaz, Lois Antón, Arancha Nogueira, Nuria Vil, Alba Cid.
Actuación intermedio: “INFRACTUACIÓN: minux e Arpista Iniciado (Poesía e Distorsión)”

20:30 Concertos: Leo i Arremecághona + Mercedes Peón e banda.
Lugar: Carpa instalada na zona exterior do Festival Internacional de Xardíns.
Entradas e + info: http://airadasletras.gal/event/iii-poemagosto/
Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/545476595644812/

E ao rematar os concertos, se hai quorum… foliada!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*