Este outono traerá unha nova entrega da Historia da Literatura de Xosé Ramón Pena

9788499147642Para o mes de outubro está previsto que chegue ás librarías o terceiro volume da Historia da Literatura Galega de Xosé Ramón Pena. Nesta nova entrega, o profesor e escritor betanceiro afincado en Vigo achégase a un período de esplendor no decorrer das nosas letras (1916-1936). A Historia da Literatura Galega aspira a ser unha obras de referencia dentro dos estudios literarios. En setembro de 2013 publicouse o primeiro volume: Das orixes a 1853. Un ano despois chegou ás librarías a segunda entrega: De 1853 a 1916. O Rexurdimento. Este último traballo recibiu o Premio da Crítica de Galicia en 2015.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*