Ordes: a creatividade cultural toma a rúa

Cartel da Feira da Creatividade
Cartel da Feira da Creatividade

Ordes vai vivir esta fin de semana unha efervescencia cultural pouco común. Ao Festival Internacional de Arte na Rúa Desordes Creativas súmase a primeira Feira da Creatividade, un evento que quere ser unha mostra de referencia da creatividade cultural na comarca. Así o sábado e o domingo daranse cita no Parque Municipal de Ordes máis de medio cento de artistas vinculados á bisbarra ordense: escritoras, fotógrafos, ilustradoras, pintores, deseñadores, músicas…O público que se achegue ata o centro da vila poderá asistir a presentacións de libros, mostras fotográficas, mesas redondas, actuacións musicais ao vivo e mesmo adquirir  obras de autores e autoras dos sete municipios da bisbarra: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*