María Xosé Queizán, Premio da Cultura Galega 2016

M.X. Queizán
M.X. Queizán

Este luns déronse a coñecer os Premios da Cultura Galega 2016. No apartado de Letras, o galardón recaeu na escritora María Xosé Queizán (Vigo, 1939), unha das autoras máis destacadas da literatura galega contemporánea: especialmente nos eidos da narrativa e do ensaio.

Os Premios da Cultura Galega tamén distinguiron nesta edición a:

Sarabela Teatro
Sarabela Teatro

O xurado estivo composto polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Fernández Santiago, por delegación do seu presidente; a bibliotecaria-arquiveira da Real Academia Galega, Margarita Ledo, por delegación do seu presidente; e o presidente da Real

Zumalave
Zumalave

Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Manuel Quintana Martelo. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, que non puido asistir, delegou o voto na Consellería de Cultura e Educación. Este ano participaron tamén no xurado os

E. Zernova
E. Zernova

profesionais da cultura Xosé Ballesteros, editor; Susana Seivane, gaiteira; Fefa Noia, directora teatral; e Manuel Vilariño, fotógrafo. Actuou como secretaria a subdirectora xeral de Xestión e Coordinación Cultural, Cristina Fabeiro.

A modo de galardón, os premiados e premiadas recibirán nas vindeiras semanas

unha escultura do artista Manolo Paz. A entrega terá lugar nunha gala organizada pola Xunta.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*