As Letras de 2017 levan gravado o nome de Carlos Casares

carloscA Academia anunciouno esta fin de semana, as Letras de 2017 renderán tributo a Carlos Casares Mouriño, unha figura fundamental para comprender o decorrer da cultura galega do último cuarto do século XX. Sobresaínte narrador e articulista, Carlos Casares (1941-2002) tamén ocupou importantes cargos na vida pública do país (deputado no Parlamento de Galicia, membro numerario da RAG, director da Editorial Galaxia ou presidente do Consello da Cultura).

A súa estrea na literatura galega produciuse con apenas 26 anos (Vento ferido, 1967). Un ano despois de publicar aquel libro de relatos, aparecía A galiña azul, un libro que abriría novos vieiros á literatura infantil en galego. En 1969 aparece a novela Cambio en tres. Mais é en 1975 cando Casares gaña o aplauso unánime de crítica e público con Xoguetes para un tempo prohibido. Logo virían outros títulos que o consagraron como un referente da narrativa galega: Os escuros soños de Clío (1979); Ilustrísima (1982); Os mortos daquel verán (1987); Deus sentado nun sillón azul (1996); e O sol de verán, publicada postumamente en 2002. Casares, profesor de ensino medio, tamén destacou como columnista de prensa.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*