Cal é o libro de narrativa en galego cun arranque máis magnético?

books-1204038_960_720As primeiras páxinas dunha novela, e máis aínda as primeiras liñas, poden ser definitivas para que o lector prosiga ou decida aparcar a obra. Entre os novelistas hai o dito de que a páxina unha ten que ser toda unha carta de presentación. O blog Papel en Blanco fixo a semana pasada unha clasificación cos que considera os mellores arranques de novela en lingua castelá. No primeiro posto do podio está un dos grandes clásicos do século XX: Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez.

“Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de recordar aquella tarde remota en que su padre le llevó a conocer el hielo”

Pero cal son as novelas galegas ou libros de relatos que consideras que arrancan dun xeito máis trepidante? Cal é ese primeiro parágrafo inesquecible? Seguro que hai moitos. Deixámosche as primeiras liñas dun libro que xa é clásico da nosa narrativa (Que me queres, amor?, de Manuel Rivas:

“Soño coa primeira cereixa do verán. Doulla e lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres fai súa a carne. De repente bícame e devólvema coa lingua. E eu que marcho tocado para sempre (…)”

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*