A editora Chan da Pólvora estrearase con ‘A oseira’, de Antón Blanco, e cunha reedición de ‘Urania’, de Chus Pato

chan_da_polvora_logoChan da Pólvora, a editora impulsada por Antón Lopo, Alicia Fernández e Eduard Velasco, fará a súa estrea nas librarías este mesmo mes de xuño. Os dous primeiros libros son toda unha declaración de intencións: a ópera prima de Antón Blanco (A oseira) e a reedición dunha obra que marcou un punto de inflexión na poesía galego dos noventa: Urania, de Chus Pato. O novo proxecto editorial prestará especial atención á poesía pero tamén irá acompañado dunha libraría que leva o mesmo nome e que abrirá as portas tamén este mes na rúa de San Pedro (Compostela).
Para garantir a independencia económica de Chan da Pólvora, os impulsores están intentando consolidar un grupo de subscritores que dean a cobertura ao proxecto. Por 120 euros anuais, os socios de Chan da Pólvora recibirán todas as obras que se vaian publicando. Se estades interesadas en apoiar este proxecto, podedes pedir información no correo electrónico da nova editora: chandapolvora@gmail.com.

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*