A Deputación da Coruña crea o premio mellor dotado da literatura galega

Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña
Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña

O Torrente Ballester de Narrativa que convoca dende 1989 a Deputación da Coruña vai ter a partir deste ano unha modalidade exclusivamente en lingua galega e outra en castelán (ata agora as dúas linguas competían polo mesmo galardón). Con este cambio nas bases do concurso, o Torrente Ballester pasa a ser o premio de referencia para a narrativa en lingua galega. O autor ou autora da obra gañadora recibirá 25 mil euros en metálico e verá publicado o seu traballo.

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, a nacionalista Goretti Sanmartín, foi a encargada de facer o anuncio do desdobramento do galardón:”Era unha demanda do mundo literario que reclamaba unha convocatoria dedicada a promover e recoñecer a creación literaria de narrativa en galego. Consideramos necesario botar a andar un novo premio en galego, coa mesma dotación, que poña á literatura galega en pé de igualdade coa literatura castelán”.

Das 27 obras premiadas na historia do premio, 20 foron en lingua castelán e sete en galego: A cidade dos Césares, de Víctor Freixanes; Que me queres, amor?, de Manolo Rivas; Un xogo de apócrifos, de Xosé Carlos Caneiro; A memoria do boi, de Xosé Vázquez Pintor; As humanas proporcións, de Xesús Constenla; A choiva do mundo, de X. Manuel Pacho Blanco; e O xornalista, de Carlos Reigosa. O premio convertérase nun referente para a narrativa en lingua castelá, ao que se presentaban numerosos traballos procedentes do estado e d e de toda hispanoamérica. Como exemplo abonde dicir que na edición de 2014 se presentaron 612 traballos a concurso (567 en castelán e 45 en galego).

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*