Manuel María en todas as escolas!

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA Real Academia Galega presentou este luns na Coruña unha iniciativa para relanzar o Día das Letras nas escolas de todo o país. O colexio Curros Enríquez, emprazado no barrio de Monte Alto, foi o lugar elixido para dar a coñecer “Primavera das Letras”, un proxecto que pretende fornecer de recursos didácticos ao profesorado e familias con nenas e nenos das etapas de Infantil e Primaria. Nun acto aberto aos medios de comunicación, o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e o secretario da institución, Henrique Monteagudo, acompañados de docentes e alumnado do centro educativo, subliñaron que a proposta é un compromiso máis coa nosa literatura e coa súa difusión entre os máis novos.

Monteagudo explicou que con este proxecto preténdese contribuír a estender a celebración e que “O Día das Letras Galegas sexa algo máis ca un día de festa”. Así, “Primavera das Letras” irá proporcionando novos materiais ata o remate do curso escolar. Os contidos estarán dispoñibles na web todo o ano coa fin de que tanto docentes como familias poidan acceder aos mesmos.

MMaríaNesta primeira edición do Primavera das Letras o protagonismo é para o poeta Manuel María “unha figura especialmente adecuada para iniciar este proxecto, pola importancia que ten a obra que dedicou de forma específica ao público infantil”, e na que abondan os versos referidos aos ríos, a paisaxe e outros elementos do medio natural, concluíu Monteagudo.

Tampouco faltou a música durante a presentación. Alumnos e alumnas de Primaria do colexio Curros Enríquez recitaron versos de Manuel María e ata se atreveron a facer un percorrido pola vidaOLYMPUS DIGITAL CAMERAdo poeta chairego a ritmo de rap. A compañeira do finado escritor, Saleta Goi, non puido evitar a emoción ao ver como as novas xeracións reivindicaban e facían súa a figura de Manuel María.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*