Ataque Escampe denuncia que a TVG lles censurou parte da letra dunha canción

0005029439_10Unha das bandas máis coñecidas do panorama musical do país, Ataque Escampe, que destaca polas súas coidadas letras, acaba de denunciar un caso de censura na Televisión de Galicia. Segundo explican nas redes sociais este xoves: “Acabamos de saber que no programa Musigalité da TVG emitiuse onte a nosa canción “San Marino” censurada. O último verso do tema antes da coda instrumental, como talvez saibades, é: “Adeus, cabronazos, voume a un paraíso fiscal como fan os do PP”. Pois ben, como podedes ver no vídeo (en 26’12”), hai un sutil corte entre o verso anterior e a parte instrumental final que, casualmente, elimina ese verso, e só ese verso, da canción. Pensabamos que a censura hoxe en día consistía en decidir non emitir o que non interesa, pero non: comprobamos con enorme tristeza e noxo que Musigalité e a TVG non dubidaron en meter a tesoira de toda la vida de dios como se estivésemos en 1946. Non queremos aparecer como vítimas de nada, pero cremos que hai motivos serios para preocuparse como cidadáns e cidadás. Agradecemos difusión disto, e non por amor pola música senón por decencia.”

A TVG “apagou” as alusións a paraísos fiscais e ao PP na emisión posterior, como se pode comprobar nesta gravación do programa minuto 26 (http://musigalite.crtvg.es/video_augmented/video-aumentado-pgm11-bancos-e-salons-recreativos/).

Podes ver aquí unha intervención en Vía V en directo do ano pasado na que si se emitiu íntegra a canción

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*