A Deputación de Ourense asume a organización do Premio Blanco Amor de Novela

blanco_amor_09_12_01O Premio Blanco Amor de Novela, un dos máis lonxevos e prestixiosos dentro do noso sistema literario, recibiu esta semana un importante empuxe. Despois de anos de inestabilidade organizativa, a Deputación de Ourense anuncia que asume a “organización permanente” do certame. A institución provincial anunciou que pretendía ir máis aló e, ademais de garantir a existencia do premio, asegura que comezará a traballar na creación dunha fundación que levará o nome do escritor e que servirá para difundir a súa obra.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*