Nace ‘Balbino’, un premio de relatos arredor do rural galego

neira_vilas_memoriasnenoRelatos que retraten directa ou indirectamente vivencias relacionadas co rural galego, este é un dos requisitos fundamentais do novo premio de relatos Balbino. O galardón que nace na comarca do Deza, a mesma da que era orixinario Neira Vilas, está promovido por unha empresa da zona, Técnicas & Gramaxe, e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As bases estipulan que os traballos deberán ter unha extensión mínima de 120 mil caracteres con espazos e unha máxima de 180 mil. O premio está dotado con 1500 euros e a obra sairá á luz baixo o selo Edicións Fervenza. O prazo para o envío de orixinais rematará o 30 de xuño.

Poden consultar aquí as bases íntegras.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*