Mondoñedo é (tamén) poesía

mondonhedoO 1 de maio nova edición do festival literario e musical por terras mindonienses.

O festival ‘Mondoñedo é Poesía’ quere levar os versos a pé de rúa e poñer en valor o patrimonio literario mindoniense en particular, alén do galego en xeral. Para iso parte do legado artístico e as pegadas biográficas de xente como Álvaro Cunqueiro, Leiras Pulpeiro ou Díaz Jácome, entre outros autores nados na vila ou que tivesen estas xeografías como referente formativo ou de inspiración. E partindo dese fío, o obxectivo é dar a coñecer a novas figuras literarias que cultivan a poesía en galego.

Con esa fin estarán por Mondoñedo nese primeiro de maio xente como María Lado, Lucía Aldao, Antonio García Teijeiro, María José Fernández, Antía Juncal, Martiño Maseda, Darío Xohán Cabana, Mateo Buján, Raúl Costas e César Morán. O evento, promovido pola Asociación As San Lucas e o colectivo Mondoñedo É, conta co apoio do Concello de Mondoñedo e da Secretaría Xeral de Cultura.

A partir das 18:00 horas haberá un recital poético nas prazas da Catedral, do Concello e de Jaime Cabot. Máis tarde, haberá no auditorio Pascual Veiga un recital poético musical en homenaxe ao poeta asturiano e bispo de Mondoñedo Manuel Fernández de Castro. Na véspera, o 30 de abril, terá lugar a iniciativa ‘Debuxando Mondoñedo’ e comezará a ‘Expo-libro Mondoñedo’. Ademais, a exposición fotográfica ‘Mondoñedo sentimental. Vidas e paisaxes’ contará cun ‘Tendal de poesía’, que amosará traballos realizados por escolares.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*