Fanse públicos os nove finalistas dos Premios San Clemente

instituto-rosalia-premio-sanclementeOs prestixiosos galardóns chegan á súa XXII edición. Manuel Portas, Xavier Quiroga e Xosé María Álvarez Cáccamo son os elixidos en lingua galega.

O alumnado de Bacharelato é coma sempre o protagonista destes galardóns literarios e a eles lles tocará elixir en cada caso, quen é merecedor ou merecedora do premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente. Na tarefa comparten poder decisorio alumnado do Instituto Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, a institución convocante, e alumnado doutros catro institutos máis de Galicia, escollidos cada ano por sorteo.

Nas súas tres modalidades, os finalistas son os seguintes:

 

LINGUA GALEGA

Amor en alpargatas de Manuel Portas Ed. Xerais

As últimas galerías de Xosé María Álvarez Cáccamo Ed. Galaxia

Izam o da saca de Xavier Quiroga Ed. Xerais
LINGUA CASTELÁ

Cicatríz de Sara Mesa Ed. Anagrama

La oculta de Héctor Abad Ed. Alfaguara

Patria o muerte de Alberto Barrera Ed. Tusquets

 

LINGUA ESTRANXEIRA

Irène de Pierre Lemaitre Ed. Alfaguara

Judas de Amos Oz Ed. Siruela

La ley del menor de Ian McEwan Ed. Anagrama
http://www.premiosanclemente.es/

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*