Estaleiro Editora bota o peche

Estaleiro-editora1Un dos proxectos editoriais máis singulares do país, Estaleiro Editora, dará por concluída a súa aventura  esta vindeira primavera despois de case oito anos de andaina. Anunciábao este mesmo xoves o dixital Sermos Galiza, que falou cun dos promotores de Estaleiro, Miguel Mosqueira. Segundo explica, o peche chegará despois de que esta primavera se publiquen as dúas últimas obras nas que están a traballar: ‘Acontecemento do desexo’, unha monografía sobre Gilles Deleuze, e un poemario blingüe (catalán-galego) de Pau Gener. Estes serán o punto e final dunha colección de máis de 30 títulos

Mosqueira explica que a fórmula elixida, unha asociación cultural sen ánimo de lucro que publicaba baixo licenza Creative Commons: “estivo ben naquel momento, pero se o volvesemos facer quizais o fixesemos de forma profesionalizada, porque así chegariamos a máis público, sería menos underground e os autores e o resto da cadea de edición poderían ter cobrado”.

Podes ler en Sermos a nova completa

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*