De paseo pola Coruña máis literaria

cartelPaseosCorunha2016-1A AELG, co apoio do Concello da Coruña, ten previstos para esta primavera catro paseos literarios pola cidade da Coruña. Os protagonistas dos mesmos van ser: Manuel Rivas (2 de abril); Estíbaliz Espinosa (23 de abril); Yolanda Castaño (14 de maio); e Pedro Feijoo (11 de xuño). Todas as persoas interesadas en acompañar as escritoras e escritores nestas andainas deberán poñerse en contacto co Centro Ágora, no 981 189 888.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*