De Honolulú a Oroso: a Kodak Brownie Hawkeye que inmortalizou un tempo

Familia labrega de Oroso nun campo de millo
Familia labrega de Oroso nun campo de millo

En 1957 unha Kodak Brownie Hawkeye viaxou dende Honolulú ata o municipio de Oroso (Comarca de Ordes). Aquela cámara fotográfica chegou ás mans de Victorino Verea grazas a un seu irmán que estaba embarcado no buque escola Juan Sebastián Elcano. E así, hai case sesenta anos, comezou a traxectoria fotográfica de Victorino, un deses autodidactas que, ás veces sen ser conscientes de todo, conseguiu aprehender a alma dun tempo. Despois virían outras cámaras coas que retrataría a vida nun rural que se estaba a transformar de xeito especialmente acelerado na década dos sesenta e setenta.

Agora o Concello de Oroso, nunha impecable edición do historiador Manuel Pazos Gómez, vén de publicar un libro cunha escolma de inesquecibles fotografías e unhas anotacións que axudan a entender a vida e obra do autor, pero tamén o contexto no que se desenvolve o seu traballo. Sen dúbida, Victorino Verea merece estar nas mesmas páxinas que notables fotógrafos populares do século XX, como pode ser o caso, entre outros moitos, de Manuel Ferrol ou Ramón Caamaño.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*