As letras hai que remexelas a diario, e sobre todo precisan constantemente de ideas novas. Internet é un revulsivo, unha fiestra que facilita, sobre todo economiza, a difusión de proxectos. Un dos últimos dos que temos noticia é Cicloxénese Expresiva, que comandan Yasmina Casal, Belén Quinteiro e Xosé Carlos Carracedo, dúas mozas e un mozo das comarcas do Deza e de Arzúa. A publicación, que apenas leva tres semanas na rede, fai a súa estrea cunha entrevista a Berta Dávila e deixa espazo para as creacións literarias e para as críticas e os artigos de opinión.
Podedes seguir aquí os pasos desta nova revista literaria.
Graciñas letraenobras.com 🙂