Premio de Poesía Cidade de Ourense de Poesía: seis mil euros para a mellor obra presentada

ConcelloUn dos premios de poesía mellor dotados do país ten aberto o prazo de recepción de orixinais até o vindeiro 24 de abril. Os traballos que se presenten deberán ter un mínimo de 600 versos e deberán enviarse por sextuplicado ao Concello de Ourense (Praza Maior, s/n) especificando que é para o XXXI Premio de Poesía Cidade de Ourense. O texto gañador, aberto tamén ao obras en portugués, publicarase no segundo semestre do ano e o autor ou autora recibirá seis mil euros de premio en metálico.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*