Compostela, o reto de ser Cidade Literaria da Unesco

Tiovivo na Praza da Quintana / Foto: gblanco
Tiovivo na Praza da Quintana / Foto: gblanco

Dende hai arredor dun mes, Barcelona é a primeira urbe do estado que entra oficialmente na moi restrinxida lista de Cidades Literarias da Unesco. Agora, o colectivo Compostela Literaria, que agrupa libreiros, editores e asociacións, vén de revelar que a capital galega tamén aspira a conseguir este distintivo. Un dos promotores da iniciativa, Francisco Macías, explica este venres na edición local de La Voz de Galicia que “a idea non é fácil de conseguir, porque esixen uns requisitos, como dispor dunha rede de bibliotecas públicas e unha estrutura moi ben definida, que pretendemos conseguir pouco a pouco, co tempo que sexa preciso”

Podes ver aquí a nova completa

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*