Xosé Fernández Ferreiro, tributo a un bidueiro das letras

Fernández. Ferreiro
Fernández Ferreiro

Este xoves finou na Coruña o recoñecido escritor e xornalista Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931). Aínda que comezou publicando poesía na súa mocidade, Ferreiro consagrouse como un narrador sobresaínte con obras como A morte de Frank González, Morrer en Castrelo de Miño, Agosto do 36 ou O atentado. Mais o autor tamén se adentrou na literatura e mesmo no ensaio.  Membro fundador do mítico colectivo Brais Pinto, peza clave para o rexurdir do nacionalismo político e a cultura galega, Ferreiro traballou como xornalista.

Dende Letra traemos dúas anotacións sobre a súa figura que nos parecen de especial interese. Nunha delas, escrita va xa para un ano, o tamén escritor Fernández Naval sinala que “sempre considerei a Pepe como escritor bidueiro. O bidueiro é das primeiras árbores que ocupan os espazos máis castigados da fraga, logo dun lume ou dunha escorrentía, por exemplo. Os bidueiros sosteñen a terra e enriquecen o chan, facendo posible que alí medren outras especies, se cadra de máis porte, de máis prestixio social, pero non máis importantes”

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*