‘Os elefantes de Sokúrov’, de Riveiro Coello, recomendación da crítica para decembro

os-elefantes-de-sokurovNun final de outono que vén cargado de novidades editoriais, os catro críticos que integran a Tabela dos Libros (Inmaculada Otero, Montse Pena, Martínez Bouzas e Armando Requeixo) salientan como obras máis recomendables a novela Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello, e Ostrácia, de Teresa Moure. A terceira obras mellor puntuada é a última novela de Manolo Rivas, O último día de Terranova.

Outros libros que aparecen destacados son Lourenço, Jograr, de Manuel Portas; Nena e o mar, de Érica Esmorís; Figuras de finitude, de Francisco Sampedro; e Capitalismo e fascismo, de Rebeca Baceiredo.

Podes ver aquí as preferencias de cada crítica

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*