‘O fillo de Manuel’, unha superprodución familiar no Salnés

lavandeirasCambados, Meaño ou Meis xa tiveron oportunidade de ver este outono o filme promovido pola asociación teatral Alecrín, de Ribadumia.

Cunha duración dunha hora e cuarto, a película naceu e comezou a rodarse hai xa dous anos, abrollando a idea da propia actividade teatral do grupo, como adaptación dunha obra previamente representada, e son os propios actores e actrices do colectivo os que actúan diante das cámaras.

Rodada no Salnés, a historia está ambientada no rural de mediados do século pasado, co fío condutor a partir do relato sobre unha parella e a presión da emigración. Os intérpretes protagonistas son Milagros Pintos e José Manuel Lareu. As proxeccións este outono “rebentaron” a taquilla dos auditorios locais. O filme foi dirixido por José Rodríguez Carro. Quen coñeza a zona identificará por exemplo a igrexa de San Lorenzo de Meis ou a Ruta da Pedra e da Auga, entre os escenarios de ambientación.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*