Barcelona, Cidade Literaria da Unesco

sant-jordi-6Barcelona, xa é Cidade Literaria da Unesco. A capital catalá logrou o recoñecemento internacional despois de ter presentado unha candidatura na que subliñaba a súa potente industria editorial (máis de 270 selos que xeran preto de cinco mil postos de traballo directo). Outro dos aspectos que se destacan é o feito de contar con corenta bibliotecas públicas, cun mercado semanal de libros e coa tradicional festividade de San Jordi,

En declaracións ao diario ARA, a responsable municipal de Cultura, Berta Sureda, subliñaba que o recoñecemento da UNESCO é unha oportunidade para contribuír á recuperación que nos últimos anos tamén se viu afectado directamente pola crise. Polo momento, o Concello vai destinar 170 mil euros a financiar proxectos vinculados á Cidade Literaria. Outras cidades que forman parte desta rede internacional son Edimburgo, Melbourne, Iowa City, Dublín, Norwich, Reiquiavik, Cracovia e Praga.

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*