A peor escena de sexo na literatura en 2015

morriseyO cantante Morrisey leva a mención este ano cunhas liñas da súa primeira novela.

Dende hai algo máis de vinte anos, a crítica británica Rhoda Koenig e o editor Auberon Waugh promoven un inusual galardón: o “Bad Sex in Fiction Award”. Un galardón que lle “recoñece” a un autor o dubidoso honor de ter elaborado a máis sorprendentemente mala escena sexual nunha novela. Advirten os promotores do premio que, en todo caso, esas pésimas escenas poden atoparse en moitas ocasións en obras polo demais de boa calidade. O seu propósito, afirman, é fixarse neses parágrafos moitas veces redundantes, superficiais e pesimamente escritos de descricións sexuais que se atopan en moitas ficcións modernas.

Autores como Tom Wolfe, Norman Mailer ou John Updike mereceron este “honor” en edicións anteriores. E o famoso cantante Morrisey conseguiu a unanimidade do xurado nesta ocasión cun pasaxe do seu debut literario, titulado ‘List of the Lost’.

Os xuíces quedaron impactados por unha escena de éxtase que implica a Esdras, un dos atletas, e a súa valente moza, Eliza: ”E nisto, Eliza e Ezra rodaron xuntos na bola de neve de risiñas da opulenta cópula, gritando e berrando mentres xoguetonamente trababan e turraban un do outro nunha perigosa e clamorosa montaña rusa de violenta rotación sexual dos peitos de Eliza envolvidos na ouveante boca de Ezra (…)”

‘At this, Eliza and Ezra rolled together into the one giggling snowball of full-figured copulation, screaming and shouting as they playfully bit and pulled at each other in a dangerous and clamorous rollercoaster coil of sexually violent rotation with Eliza’s breasts barrel-rolled across Ezra’s howling mouth and the pained frenzy of his bulbous salutation extenuating his excitement as it whacked and smacked its way into every muscle of Eliza’s body except for the otherwise central zone’

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*