Revista Elipse, tecer cos fíos literarios galego-portugueses

elipseVai xa para dous anos que comezou a aventura de Elipse, unha revista literaria editada no noso país pero que olla directamente a todo o campo da lusofonía. Círculo Edições, a editora que fai posible este proxecto, anuncia que xa está dispoñible o número 7 da publicación. Desta vez figuran numerosos autores galegos como é o caso de Etelvino González, Henrique Dacosta, Clara Vidal, Carmen Pereira ou Jaime Moreda entre moitos outros. Mais este número de Elipse tamén abre espazos para artistas portugueses, brasileiros  e mozambicanos. A publicación que ten unha vocación cuadrimestral pode adquirirse en papel e tamén en formato electrónico.  O consello editorial de Elipse está conformado por Cruz Martínez, Alexandre Ínsua e Rosanegra.

  • Pica aquí para saber máis da publicación, como colaborar ou como mercala

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*