Ledicia Costas, repóker de premios

Ledicia Costas
Ledicia Costas

Hai poucos exemplos na literatura galega dunha carreira tan vertixinosa como a da escritora viguesa Ledicia Costas. Con só 36 anos está a se converter nunha das autoras máis recoñecidas da literatura galega e, á par está logrando recoñecementos máis aló das nosas fronteiras. Ás boas críticas especializadas e ao máis que notable éxito de público súmase un monllo de galardóns de prestixio. O último este mesmo luns: O Premio Lazarillo 2015 que convoca a Organización Española para o Libro Infantil y Juvenil coa colaboración do Ministerio de Cultura. Ledicia Costas conquistou ao xurado coa obra Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante. O premio,a demais da publicación, leva consigo unha dotación de 2500 euros.

Pecha así Ledicia Costas dous anos inesquecibles a nivel literario. Se en 2014 lograba o Premio Merlín con Escarlatina. A cociñeira defunta, obra coa que tamén sería distinguida co Neira Vilas da Asociación Galega de Editores e co Fervenzas Literarias ao mellor libro infantil. O mes pasado a noticia saltaba alén das nosas fronteiras xa que o Ministerio de Cultura decidía distinguir tamén este libro co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*