A literatura tamén é esperanza nas favelas de Río de Janeiro

FLUPP-14-Mesa-Um-Oceano-de-Palavras-D-de-Kabal-Yasmin-Thayn+í-e-Toni-Blackman-Foto-Eduardo-Magalh+úesEste mes de agosto finaliza unha das festas culturais máis potentes das que se celebran cada ano no Río de Janeiro: A Festa Literária das Periferias (FLUPP). Este festival que comeza na primavera e se estende ata este mes de setembro busca tender pontes con esoutra cidade, a miúdo invisible, que son as favelas. Estas convértense nas verdadeiras capitais da literatura.
O FLUPP non existiría se primeiro non nacese no maxín dun xornalista e escritor ben peculiar: Júlio Ludemir. El coñece ben as favelas porque tamén vive nelas. É desa clase media-alta carioca que sufriu nas súas carnes a peor da crise económica. No seu caso, buscou reiventarse dende as favelas, un territorio que coñecía ben por dúas cuestións: na mocidade acudía a elas para mercar droga e na madurez, xa desintoxicado, para facer o seu traballo xornalístico.
Ludemir considera que o cambio en Río de Janeiro é inevitable e que cada vez o benestar e o poder ten que ir traspasándose tamén ás periferias. Como defensor da mestizaxe e do coñecemento entre as dúas cidades (a branca acomodada e a negra máis pobre) considera que o FLUPP é unha maneira de emponderar barrios que xa soñan con ser outra cousa.
Portal da Festa Literária das Periferias 2015
El poder de Brasil despierta en la favela. Entrevista a Júlio Ludemir en Negra Tinta (xullo 2014)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*