Un sorprendente falso documental anuncia a chegada do último Xerais de Novela

Héctor Cajaraville
Héctor Cajaraville

A chegada ás librarías da última novela que gañou o Premio Xerais, ‘De remate’, de Héctor Cajaraville, é cuestión de días. Mais á espera de poder ler a obra, xa podemos tomar un bo aperitivo que comezou a circular hai poucas horas pola rede. Trátase dun booktráiler, dirixido polo xornalista e realizador César Galdo, que serve para introducirnos na figura de Bieito Sanmarful, un xornalista ficticio (1975-2015) que é o cerne de toda a novela de Cajaraville.

A peza audiovisual, que dura arredor de nove minutos, sorprende pola súa audacia e calidade. Cómpre sinalar que todo os personaxes que aparecen no vídeo son veciños do pequeno municipio de San Sadurniño, na comarca de Ferrolterra, sen experiencia previa en traballos semellantes. Podedes ver aquí o falso documental que, sen dúbida, é o mellor limiar antes de que chegue aos andeis a novela ‘De remate’.

En memoria de Bieito Sanmarful from Entremedias Comunicación on Vimeo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*