Unha cadea de librarías xaponesa merca o 90% dos exemplares da última novela de Murakami

Murakami
Murakami

Dende a semana pasada, o recoñecido escritor xaponés Haruki Murakami ten unha nova novela (Novelista como profesión, sería a tradución máis aproximada ao galego). Pero o que máis está dando que falar é que unha cadea de librarías xaponesas mercou 90 mil dos 100 mil exemplares que se publicaron no Xapón deste libro. A razón desta aposta é un xesto de desafío ás plataformas dixitais que están a comer terreo nos últimos anos ás librarías físicas.

A empresa que fixo esta aposta, kinokuniya, tamén lle facilitará exemplares a outras librarías, mais a alegría destas últimas non é completa. Kinokuniya non permite que os libreiros devolvan os libros non vendidos, algo que si que é habitual que fagan as editoras niponas.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*