Cara a onde está a ir a literatura galega?

Dolores Vilavedra
Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra súmase a algunhas voces que nos últimos meses veñen defendendo que está en marcha un profundo relevo xeracional nas letras galegas. A crítica e profesora da USC sostén esta idea nun texto de título ben elocuente (Eppur si muove) que publica a web italiana Ínsula Europea. No mesmo referencia o que considera como o máis salientable da produción literaria dos últimos dous anos.

Entre outros aspectos, Vilavedra subliña a chegada de novos narradores dende o oficio xornalístico, propiciada pola profunda crise que viviron os medios de comunicación nos últimos anos e tamén a enorme forza dalgunhas escritoras que publicaron obra nos últimos tempos e que “demostran que non son flor dun día. Viñeron para non marchar”.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*