2016: Ano Manuel María e centenario das Irmandades da Fala

Despois deste 2015 onde a polémica rodeou as Letras dedicadas a Filgueira Valverde, a Real Academia deu un xiro radical e decidiu dedicarlle o ano 2016 a Manuel María, un dos poetas máis importantes da segunda metade do século XX e autor radicalmente comprometido coa causa da esquerda e da autodeterminación. Mais esta homenaxe vese aínda máis reforzada porque en 2016 tamén se celebra o centenario da fundación das Irmandades da Fala, organización fundamental na defensa do idioma e dos dereitos políticos do país. A escolla do escritor chairego, finado en 2004, pode significar a revitalización dun Día das Letras que se viu moi deslucido este ano polo absentismo de boa parte do mundo cultural, que non concordaba coa elección de Filgueira.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*