Bel Olid convértese na primeira muller que preside a Asociación de Escritores en Lingua Catalá

Bel Olid
Bel Olid

Despois de 38 anos, a Asociación de Escritores en Lingua Catalá conta cunha muller na súa presidencia. Bel Olid, escritora, tradutora e profesora universitaria, conseguiu os apoios para representar ao conxunto de creadores en lingua catalá.

Nada en 1977, Olid ten publicados nos últimos seis anos libros de narrativa, dirixidos tanto para o público infantil como ao adulto, que recolleron o aplauso de lectores e crítica. Dentro da investigación universitaria traballa na representación da figura das mulleres e das nenas dentro dos diferentes discursos da literatura infantil e xuvenil.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*