
Un dos escritores máis valorados da nosa literatura actual vén de poñer os acentos na non sempre cordial relación que existe entre os autores e o mundo editorial. Nunha entrada publicada no seu blog As Crebas, Miro Villar fala sobre a liquidación dos dereitos de autor: “A miña experiencia de publicación nunha ducia de editoriais diferentes (algunha xa desaparecida) faime coñecedor como autor de que o mundo editorial galego fai moitas veces escarnio de nós e da nosa obra, por non falar directamente de pirataría ou de roubo.”
O autor ceense divide en catro grandes grupos as editoras segundo se comportan á hora de pagarlle aos creadores: as que cumpren o pactado; as que cumpren a medias; as que asubían á hora de pagar; e as “piratonas”
Deixámosvos aquí unha ligazón ao texto que de seguro non vos deixará indiferentes se queredes coñecer o funcionamento do mundo editorial.
[…] 23 de abril, Día Mundial dos Dereitos de Autor/a» e que máis tarde foi reproducida no dixital Letra en Obras (atención que moito lles agradezo, provocou unha pequena poeira nas redes sociais, máis en […]