Hai que mudar as feiras do libro?

feiraÁs portas dunha fin de semana na que Ferrol acolle a súa feira do libro, Edicións Positivas vén de abrir un debate que se adiviña quente nas redes sociais: serven para algo estes eventos? Para os responsables desta editora a resposta é clara: “son un desastre”. Reproducimos a entrada que publicaron este mesmo venres no Facebook:

“Desde esta editora vimos reclamando desde xa hai anos unha reflexión sobre as Feiras do Libro en Galicia, e que nós cremos que deberían ter outro formato, outros obxectivos, maior participación dos diversos sectores culturais…
Pero, e aínda que cada ano baixan os participantes, os actos (e que chaman paralelos),… e baixa o público.
Pois aínda que sucede todo iso non hai reacción. Por que?”

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*