Finou Günter Grass, un dos máis destacados autores da literatura alemá

A literatura en lingua alemá está este luns de loito polo pasamento de Günter Grass . O autor, nado en 1927 e distinguido co Premio Nobel, é considerado un dos grandes narradores europeos  do seu tempo. Con só 32 anos publicou O tambor de lata que obtivo un sobresaínte éxito entre os lectores e a crítica. Mais tarde chegarían novelas como O gato e o rato, Anos de can, O rodaballo ou Partos mentais.

Máis aló da literatura, Grass mantivo un firme compromiso co Partido Socialdemócrata ao que apoiou en numerosas ocasións. En 1999 estivo no centro da polémica ao recoñecer que, con 17 anos, tiña combatido co uniforme das SS.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*