Novo espazo na web para o suplemento literario Protexta

Unha portada anterior do suplemento
Unha portada anterior do suplemento

O suplemento Protexta, que naceu vinculado á revista Tempos Novos converteuse nunha das publicacións literarias de referencia en Galiza. Con diferentes etapas e consellos editoriais, a revista mantivo a bandeira izada a pesar dos obstáculos económicos aos que case sempre se enfrontan publicacións deste tipo. O último número de Protexta, o 6 da denominada segunda quenda, abre cunha entrevista da xornalista Montse Dopico á poeta Dores Tembrás. Tamén é posible descargar todos os números da nova etapa do suplemento coordenado por Rexina Vega e que conta que no seu Consello Editorial con Manuel Forcadela, Camiño Noia e Anxo Angueira.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*