Tes unha aventura que contar? Ata o 10 de abril o Avilés de Taramancos agarda por ti en Noia

homenaxe-a-aviles_1Ata o 10 de abril está aberto o prazo para concursar XIV Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. O premio que convoca o Concello de Noia está dotado con 3.000 euros en metálico, unha escultura en metálico do artista local Alfonso Costa e a publicación da obra. Os traballos, que deben ter unha extensión de entre 70.000 e 100.000 caracteres, deben enviarse por cuadriplicado ao Concello de Noia (Rúa Rosalía de Castro, 2). O fallo farase público a mediados do mes de maio.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*