A novela negra escandinava: Jo Nesbø, a conexión entre o local o universal

Jo Nesbø
Jo Nesbø

Jo Nesbø é un dos escritores noruegueses con máis fama internacional, ao igual que outros, forma parte desa fornada de autores e autoras escandinavos que levan xa algúns anos conquistando a millóns e millóns de lectores por todo o planeta. Nunha entrevista no prestixioso suplemento cultural Ñ, pertencente ao diario arxentino Clarín, Nesbø fai fincapé en que o éxito das súas novelas mostra que “canto máis localmente escribes, máis universalmente te comunicas”. A este respecto matiza que os cambios tecnolóxicos aínda achegaron máis o discurso local ao universal: “tamén ten que ver coa época. Actualmente compartimos referencias culturais nun grao moito maior e máis intenso que hai 30 ou 40 anos. Viaxamos máis e a máis velocidade. Estamos conectados doutro xeito, aos satélites, aos celulalres, a internet. Alentamos globalización”

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*