A puñadas cun futuro imperfecto

Un texto de Ramón Vilar

1288179682futuro_imperfectoHai libros que dende a primeira páxina sabes que están contados con palabras que queiman. Estes días abraseime nun deles: Futuro imperfecto, de Xulia Alonso (Galaxia, 2010). É esta unha historia persoal, a dunha parella, pero tamén, en boa parte, a dunha xeración marcada polo tránsito daquela ditadura a esta democracia. Milleiros de mozos e mozas marcados pola peor das caras da droga: a escravitude da dependencia. Futuro imperfecto é a crónica da morte dun mozo, o compañeiro da propia autora, e o que ela supón; mais sobre todo é, no medio da dor, un canto a seguir o camiño, a superarnos, a aprender e a erguer a cabeza.

Non podía ser máis atinada capa dun libro de calidade innegable. Na imaxe aparecen os dous protagonistas: a autora e os seu compañeiro finado. Unha instantánea tomada nunha praia, chea de olladas limpas que nos lembra coma unha labazada a fugacidade e os pinchacarneiros que ten a vida. O futuro será imperfecto, sairemos ao cadrilatero como boxeadores desorientados pero dos que se negan a baixar os brazos.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*