Logo de notables esforzos, a literatura en lingua catalá comeza a chegar con regularidade ao lectores de fala inglesa. Segundo un informe do Instituto Ramón Llull o traballo dos últimos anos está a dar os seus froitos. Como exemplo subliñan que durante 2014 se verteron máis dun cento de libros ao inglés, un mercado no que habitualmente é difícil de penetrar. Dende esta institución lembran que difundir as letras catalás nesta lingua abre portas a outros mercados e axuda que axentes literarios de todo o mundo poidan ter acceso a autores cataláns.
- Podes ver aquí a información completa que publica o diario dixital Vilaweb