Para cando un Culturgal que viaxe polo país?

culturgal_2014_domingoO Culturgal 2014 foi un éxito. Calquera que se achegase a Pontevedra esta fin de semana vería unha moi notable afluencia de público, que chegou a ser incluso masiva a determinadas horas da tarde. Sen dúbida hai que darlle os parabéns á organización e ás industrias que fixeron posible tan boa nova. As cifras falan por si soas: 14.450 visitas. Hai que ter en conta que, acertadamente, os asistentes pagaban un prezo simbólico: dous euros os adultos e un euro os nenos. Isto permitía que, por exemplo, unha parella con dous fillos puidese acceder por só seis euros a unha xornada repleta de actividades culturais.

Dende Culturgal falan de que esta é a edición da consolidación e adiantan que en 2015, por sexto ano consecutivo, a feira volverá estar a Pontevedra, que sen dúbida é o único concello do país que creu e cre no proxecto e a quen se lle debe agradecer todo o esforzo feito. Mais á vista de que o Culturgal ten potencial abondo, sería desexable que outras institucións, comezando pola Xunta, tomasen nota. A industria cultural necesita visibilidade e o Culturgal é un dos moitos xeitos de darlla. Ninguén dúbida que a mellor feira sería a que puidese viaxar cada ano por unha cidade do país. A pelota está no tellado do goberno galego e no dos concellos.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*