Criaturas quere ser o referente da Literatura Infantil e Xuvenil

Criaturas-no-Culturgal-640x420Esta pasada fin de semana, no marco do Culturgal, presentouse publicamente a revista dixital Criaturas, que arela converterse nun referente da Literatura Infantil e Xuvenil na rede.  O novo proxecto contará en primeira liña cos escritores Ledicia Costas e Daniel Landesa, mais no proxecto viaxan outros nomes ben coñecidos como é o caso, entre moitos outros, de Mercedes Queixas-Zas, Fran Alonso, Xabier P. Docampo, María Lado, Montse Pena Presas, Miguel Vázquez Freire.

O gran número de visitas, máis das agardadas, fixo que a web estivese  caída durante algunhas horas. Dende Letra en Obras saudamos este novo barco que navega xa polo mar das nosas palabras!

3 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*