A Casa de Galicia de Guipúscoa abre o prazo para o Manuel María de poesía

Casa de Galicia
Casa de Galicia

Dende a diáspora, concretamente dende Donostia, volve a lembrarse a figura do poeta Manuel María. A Casa de Galicia en Guipúscoa convoca o terceiro certame de poesía que leva o nome do escritor chairego. Poderán concorrer poemas de entre 40 e 90 versos. Tamén poderán enviarse conxunto de poemas, sempre e cando non sobrepasen os 100 versos. A Casa de Galicia ten aberto o prazo de admisión ata o 2 de abril. En total repartiranse 700 euros entre os traballos premiados.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*